Acta do 12 de marzo de 2009

ACTA DO CONSELLO PASTORAL PARROQUIAL (12/03/2009)

No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.15 horas do día 12 de marzo de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Donato Dosil, Esther Olveira, Isabel González, Mª Carmen Taboada, Mª Jesús Castro, Arturo Martinez e José Ramón Alonso. Actuando como secretaria suplente Isabel González, por ausencia de Ernesto Rives, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:


1.- Oración. Arturo Martinez lé a oración preparada por José Manuel Varela.

2.- Lectura e aprobación da acta do 05 de febreiro de 2009.

3.- Ronda dos grupos:
* O grupo de Revista convocará unha reunión para o 16/03/09 para organizala revista de fin de curso.

* Cofradía reunirase o luns 16 de marzo para preparala asemblea do 25.

* O grupo de Economía tiveron reunión dos ingresos e gastos:

o Recuadación: algo máis de 50,000€
o Gastos:
 20,000€ de mantemento
 máis de 7,000€ de Cáritas (campaña contra a fame)
 20,000€ para a Diócesis
 máis de 16,000€ para o arreglo los locais.
 377€ de arreglo da barandilla e do óxido da porta.
 2,835€ arreglo da cuberta.
o Quedan 15,000€.

Hai que ir pensando en reparar a porta principal (o ferro e máis a madeira).

O presuposto para o escenario do salón de actos é entre 4,000/5,000€, dependendo do tipo de madeira. Seguirase a buscar outros presupostos ó considerar éste alto.
Na celebración do domingo daránse a coñecer ditas contas, que serán publicadas no próximo número da revista.

* Os catequistas tiveron reunión para preparar a Coresma cos xóvenes. Ésta xirará arredor de catro camiños: Parroquia, parárse a pensar, cadeas que nos atan e Resurrección.

* Están asistindo os pais ós grupos de comuñón e preparan as reunións, sendo valoradas con satisfación por eles e os responsables da catequese.

* Liturxia xa preparou o encontro con comida compartida do día 3 de abril. Tamén xa están preparados os días do Perdón:

o 3 de abril para os adultos
o 21 de abril para os nenos de comuñon.
o 29 de abril para o resto dos nenos.

4.- Celebración da Páscua comunitaria do 19 de abril:

Será entorno ó pan: somos fariña que coa auga moldéase e convírtese en masa. O lume transforma a masa en pan. A fariña necesita un proceso para o seu último fin: convertirse en pan, a Resurrección.
Xesús é o pan entregado, confía, transfórmase e nos ensina o camiño.
Ricardo pide ir un paso máis atrás: o trigo, desfaise e así transfórmase.
Proponse comulgar con pan e repartir máis trozos ó final da eucaristía.

5.- Semana Santa: Ricardo preparará a Semana Santa coa xente que non se vai de vacacións.

6.- Festa dos xóvenes:

O grupo de Xóvenes seguirá facendo a invitación ós xóvenes malia pouca repercusión habida ata agora.
Isabel propón invitar ós xóvenes o encontro coa parroquia Cristo da Victoria o sábado 6 de xuño.
Donato comenta a posibilidade de invitar ós posconfirmados a encontrarse un día para lembrar a súa confirmación a principios de curso.

7.- Excursión fin de curso

* Barállanse os pobos de Camariñas ou Muxía.
* Convócase unha reunión para o 17 de marzo para concretar.


Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:30 no lugar e data indicados, levantando a presente acta Isabel González, que eu coma secretario redacto.