Acta do 5 de febreiro de 2009

ACTA DO CONSELLO PASTORAL PARROQUIAL (05/02/2009)

No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.15 horas do día 05 de febreiro de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: María Alvarez, Esther Olveira, Isabel González, José Manuel Varela, Mª Jesús Castro, Arturo Martinez e Bárbara Alonso. Actuando como secretario Ernesto Rives, que releva no posto a Arturo Martínez, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:


1.- Oración. Mª Carmen Taboada lé a oración.

2.- Lectura e aprobación da acta do 15 de xaneiro de 2009

3.- Proposta do grupo de Liturxia para a celebración do Coresma na Parroquia o día 7 de marzo:

* 14:30: comida compartida
* 16:30 a 18:30: Reflexión. “Camiños de conversión cara a Pascua”.

4.- Catequese de xóvenes
Proponse a preparación da Pascua dende a Coresma en tódolos grupos da catequese.
Convócase unha reunión para o 25 de febreiro de catequistas de xóvenes para preparala.

5.- Celebración da Vixilia Pascual e da Pascua comunitaria:
Preparará o grupo de xóvenes a Pascua comunitaria.
Unha proposta de Ricardo: falar de realizacións que van plasmando o eslogan deste ano: ”Outro mundo é posible”. Comentar tódolos xestos que temos nas nosas vidas que son de resurrección.
Aportaránse máis propostas no próximo Consello.

6.- Mesa redonda de Cuaresma:
Proponse a participación do salesiano Xavier Blanco que presentará a ponencia “A Coresma: camiños de conversión”, plantexada dende o activismo.
Ricardo plantexa enfocar a Coresma dende a conversión e descubrir as distintas pobrezas existentes. Fai fincapé na importancia de dar opcións de diálogo o longo da mesa redonda (Coresma, conversión, pobreza).

7.- Ronda informativa dos grupos:
Lémbrase que tócalle preparar a celebración do 1 de marzo ó Consello (1º dominto de Coresma)
Prográmase unha reunión para o 18 de marzo para preparar dita celebración.


Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:30 no lugar e data indicados, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.