No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.30 horas do día 19 de outubro de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: María Alvarez, Bárbara Alonso, Mª Xosé Silva, Esther Olveira, Patricia Fernández e José M. Varela. Actuando como secretario Ernesto Rives, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:
1. Oración. Tito lé a oración.
2. Lectura e aprobación da acta dos días 10 e 17 de setembro de 2009
3. Ronda dos grupos de traballo.
XUVENTUDE:
* Cambio das reunións de animadores para os segundos xoves do mes.
* O 30 de outubro organizan cine forum ás 20:00h.
* O 28 e 29 de novembro haberá unha convivencia de grupos: dende 1º da ESO ata Bacharelato.
FORMACIÓN FAMILIA:
Ábrese un espazo de debate a tódolos pais da parroquia co obxetivo de valorar as atitudes cara a educación cristiana dos fillos. Expoñense tres temas de debate:
* 5 de novembro: HÁBITOS.
* 11 de febreiro: TESTEMUÑAS – COHERENCIA – MODELOS.
* 6 de marzo: ESFORZO.
LÚDICO:
Preséntase o primeiro borrador da axenda da parroquia. Coméntase que procede pedir pouca cantidade.
CATEQUESE:
Aproveitarase a celebración do día 22 de novembro para facela presentación dos nenos e nenas de 3º.
4. Renovación de postos do CPP.
Coméntase a necesidade de avisar ós grupos que non teñen representantes no Consello para que os designen.
Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:35, aprazándonos para o vindeiro xoves día 19 de novembro, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.