Acta do 10 e 17 de setembro de 2009

No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.30 horas dos días 10 e 17 de setembro de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Donato Dosil, María Alvarez, Mª Carmen Taboada, Bárbara Alonso, Mª Xosé, Ángel González, Esther Olveira, Ángeles Lamas, Arturo Martinez, María Asorey e Mercedes Rodríguez. Actuando como secretario Ernesto Rives, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:

1. Oración. Tito lé a oración o día 10 e Ricardo o día 17.

2. Lectura e aprobación da acta do 25 de xuño de 2009

3.- Posta en común da programación do vindeiro curso.


LITURXIA:

Organizan tres días específicos de formación para o grupo, aberto a toda a parroquia.

* 14 outubro, ás 20h15, baixo o lema “Cumplidores – Celebrantes”.
* 20 xaneiro, ás 20h15, co lema “Mesa da palabra – Mesa da eucaristía”.
* 14 abril, ás 20h15, “Eucaristía e parroquia”.

O 20 de febreiro haberá o encontro de Coresma.

As celebracións do perdón xa teñen datas:

* 18 decembro: perdón de adultos, ás 20h15.
* 20 decembro: perdón de nenos (post comuñón) , ás 11h00.
* 21 marzo: perdón de nenos (post comuñón), ás 11h00.
* 26 marzo: perdón de adultos, ás 20h15.

O sábado 19 de setembro o Coro terá unha comida compartida, ás 14h00, aberta a todos, para programar o curso.

CATEQUESE:

O 14 de setembro comeza o prazo para a inscrición da matrícula.

O 16 de setembro celébrase o encontro de catequistas cos seguintes puntos a tratar:

* Elaboración do itinerario a seguir para os distintos niveis.
* Elaboración do calendario de reunións de catequistas.
* Elaboración do calendario do curso 2009/2010.
* Programación de reunións coas familias.
* Formación de catequistas.
A celebración do perdón para os nenos de 3º que fan a comuñón será o 22 de maio.

BLOG:

Acórdase a estrutura de presentación dos grupos da parroquia no blog:

PRESENTACIÓN, CALENDARIO, ABEIRO, CÁRITAS, CATEQUESE, COFRADÍA, CONSELLO, CORO, ECONOMÍA, GRUPO MAIORES, GRUPO MULLERES, FORMACIÓN DE ADULTOS, INTERPARROQUIAL, LITURXIA E CELEBRACIÓNS, REVISTA, XUVENTUDE, NOTICIAS.

LECER E CULTURA:

a) Celebración do Magosto o 7 de novembro

b) Celebrarase o Nadal o 13 decembro cunha única eucaristía, un festival e o xantar coma tódolos anos.

c) Camiño de Santiago, están fixadas tódalas etapas:

* 1ª.- Cebreiro-Triacastela (27 febreiro)
* 2ª.- Triacastela-Sarria (13 marzo)
* 3ª.- Sarria-Portomarín (27 marzo)
* 4ª.- Portomarín-Palas de Rei (10 abril)
* 5ª.- Palas de Rei- Arins (24 abril)
* 6ª.- Arins-Labacolla (22 maio)
* 7ª.- Labacolla-Fontiñas (30 maio)

d) Excursión de fin de curso o 8 de maio.

e) Festa de fin de curso o 30 de maio.

GRUPO DE MAIORES:

a) Festa dos maiores:

* Sábado 10 outubro, ás 17h00
* Sábado 7 novembro, ás 17h00
* Sábado 12 decembro, ás 17h00

b) Ximnasia de mantemento: actividade programada ata decembro, comezará o 19 outubro, ás 17h30 e farase unha vez por semana.

c) Manualidades: actividade que se celebrará tódolos mércores e comezará o 4 de novembro.

RESTO DE OFERTAS PARA A PARROQUIA:

Grupo de baile: os sábados, pendente de concretar.

XUVENTUDE:


Estase a crear un grupo de música cuio coordinador é Arturo Martínez.

4. Preparación do día do envío.


Mª Carmen Taboada e Mª Xosé Silva, como coordinadoras do grupo de Liturxia e Catequese organizarán a preparación da celebración baixo o lema de ESCOITAR, SERVIR, COMPARTIR, tratando de integrar o sentido da Eucaristía e pensando no camiño (como facemos o camiño?)


Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:45, aprazándonos para o vindeiro xoves día 15 de outubro, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.

Convocatoria do 15 de outubro de 2009

1.- ORACIÓN (Tito)

2.- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA DOS DÍAS 10 e 17/09/09

3.- RONDA DOS DISTINTOS GRUPOS DE TRABALLO.

4.- RENOVACIÓN DE POSTOS DO CONSELLO PASTORAL PARROQUIAL.

4.- RONDA DE PROPOSTAS OU PREGUNTAS.

Convocatoria do 10 de setembro de 2009

1.- ORACIÓN (Tito)

2.- LECTURA DA ACTA DO DÍA 25/06/09

3.- POSTA EN COMÚN DA PROGRAMACIÓN DO VINDEIRO CURSO.

4.- RONDA DE PROPOSTAS OU PREGUNTAS.

Acta do 25 de xuño de 2009

No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.30 horas do día 25 de xuño de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Donato Dosil, María Alvarez, Isabel González, Mª Xesús Castro, Mª Carmen Taboada, Bárbara Alonso, Mª Xosé, Montse, Patricia, Ángel, Esther Olveira, Xesús Vilas, Manolo Lamas, José Ramón Alonso, Pilar Busto e Xoan Ferrás . Actuando como secretario Ernesto Rives, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:

1.- Oración. Tito lé a oración.

2.- Letura e aprobación da acta do 18 de xuño de 2009

3.- Formación dos distintos grupos establecidos.

CATEQUESE:
* Mª Xosé Silva como coordinadora.
* María Álvarez, Montse, Mª Xesús Castro, Pilar Busto e Bárbara Alonso.

LÚDICO:
* Esther Olveira como coordinadora.
* Xesús Vilas, José Ramón Alonso, Xoan Ferrás, José Rico, Casiano Aldrey, Manolo Lamas e Ernesto Rives.

FORMACIÓN DE ADULTOS:
1. PAIS E FAMILIA
* Ernesto Rives como coordinador
* Esther Olveira e José Ramón Alonso.

2. FORMACIÓN BÍBLICA
* Ricardo Viqueira e Isabel González.

CÁRITAS:

1. ABEIRO E ASISTENCIA PRIMARIA
* Elena Millán como coordinadora.
* Paz, Mari Rozas, Eva Ramos, Alicia e Fátima Neiro.

2. 3ª IDADE E MAIORES SÓS
* Ángel e Patricia como coordinadores.
* Natalia, Breo, Xosé M. Varela, Cristina e María Precedo.

3. ENFERMOS
* Isabel González como coordinadora.
* Mª Carmen Taboada, Josefa, Pilar Busto e Beatriz.

LITURXIA
1. CELEBRACIÓNS
* Mª Carmen Taboada como coordinadora.
Donato Dosil, Ángeles Lamas, María Álvarez, María Salvado, Marisa Sanz e José M. Varela.

2. CORO
* Miriam como coordinadora.
* Isabel González, Leo Alonso, Ramón, Xoán Ferrás, Arturo N. Martinez, Pepe i Ernesto Rives.

XUVENTUDE
* Bárbara Alonso como coordinadora.

REVISTA
* Isabel González, Arturo N. Martínez e Ramón Irago.

BLOG
* María Álvarez

COFRADÍA
* José M. Varela como coordinador
* Xunta directiva.

MULLERES
* Socorro Liste como coordinadora.

ECONOMÍA
* José M. Soto como coordinador.
* Julio López, José Ramón Alonso, Fernando Busto, José Vázquez e Casiano Aldrey.

LIMPEZA
* Mercedes, Beatriz e Teresa.

COLABORADORES
* Elías Silva e Fernando Busto.

Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:45, aplazándonos para o vindeiro xoves día 17 de setembro, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.

Acta do 18 de xuño de 2009

No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.30 horas do día 18 de xuño de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Donato Dosil, María Alvarez, Isabel González, Mª Jesús Castro, Mª Carmen Taboada, Bárbara Alonso i Esther Olveira . Actuando como secretario Ernesto Rives, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:


1.- Oración. Isabel lé a oración.

2.- Letura e aprobación da acta do 28 de maio de 2009

3.- Pre-programación do curso 2009-2010

Programar tendo en conta as líneas xerais da Parroquia:

EVANXELIZACIÓN:
* Catequese
* Reunión cos pais (iste curso non houbo programación)
* Grupo de bíblia (xa vamos cara o 5º ano)

CELEBRACIÓNS: ver si hai algo que teñamos que revisar

CARIDADE:
* Cáritas
* Actividades coa 3ª idade (ver que actividades se poden programar)
* Enfermos (qué podemos aportar dende a Parroquia)

NENOS: aproveitar o achegamento que temos cos scouts para ver qué nos poden aportar de cara a crear actividades.

GRUPO DE MARCHA: hai que recuperar o grupo do Camiño de Santiago.

Donato comenta que as actividades non son un fin, senon un medio para medrar como persoas dentro da Parroquia. As actividades teñen que ser raíces de crecemento, canles formativos.

Isabel pensa que hai que partir da programación deste curso para analizar o que hai que mellorar.

Trázanse as líneas xerais de actuación, creando grupos de traballo coordinados por unha persoa concreta cada un deles, e formados por persoas comprometidas que o axuden nas tarefas a levar a cabo.
Faráse un chamamento dende as celebracións do fin de semana e por correos eléctrónicos, ás persoas achegadas á Parroquia.

1. FORMACIÓN DE ADULTOS
a. Traballar os cursos de bíblia.
b. Evanxelización cos pais (de 1º, 2º, 3º en diante…).
c. Formación de catequistas.

2. CATEQUESE
a. Fluidez e entendemento entre os distintos grupos.
b. Facer un itinerario da educación da fé.
c. Crear unha sistemática de traballo.
d. Facer actividades cos nenos.

3. CÁRITAS
A. Un grupo que leve:
a. A asistencia primaria
b. Abeiro

B. Outro grupo:
a. 3ª idade
b. Enfermos

4. LITURXIA

5. XUNTANZAS


Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:40, aplazándonos para o próximo xoves día 25 de xuño, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.

Acta do 28 de maio de 2009

No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.30 horas do día 28 de maio de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Donato Dosil, María Alvarez, Isabel González, José Manuel Varela, Mª Jesús Castro, Mª Carmen Taboada, Ángeles Lamas, Bárbara Alonso y Arturo Martínez. Actuando como secretario Ernesto Rives, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:


1.- Oración. Mª Carmen Taboada lé a oración.

2.- Letura e aprobación da acta do 16 de abril de 2009

3.- Preparación festival do 31 de maio:
* as mesas xa están colocadas.
* O Concello colocará a megafonía e unha tarima o domingo pola mañá.
* Faltan mercar manteis e vasos.
* Hai que preparar algunhas actividades e organizalas actuacións (Tito queda como responsable desta tarefa).
* Os xóvenes serán o fío conductor do festival.
* O Consello preparará a celebración do domingo, día de Pentecostés (día do apostolado seglar).

4.- Avaliación de fin de curso:

Isabel: ten sentido de pertenza, está agusto, síntese acompañada e privilexiada. Ten a sensación de ocupar un lugar que pertence a outros. Hai que darlle oportunidade a outra xente. Pensa que debe irse.
No Consello debe haber persoas que representen ós grupos existentes na parroquia. Hai que facer grupos de traballo para que todo non recaia no Consello. Non debe haber unha comunidade acomodada onde traballen 3 e o resto descanse. Faltan promotores de grupos.

Donato: valora con entusiasmo a dedicación das persoas do Consello. Pensa que hai que dar a coñecer á parroquia esta dedicación para testimoniar. Pregunta qué se pode facer para que a Revista sexa máis acollida. Cré que hai que buscar outras vías de comunicación. A multiplicación das actividades crea un problema de dispersión. Hai que priorizar 3 ou 4 obxetivos fundamentais e planificar de cara a éstos. Hai que preguntarse si os pasos dados podrían millorarse. Coidar máis o seguimento das actividades proxectadas (acompañar máis o que propoñemos). Preguntarse porqué os resultados son moitas veces positivos e outras non.

Ángeles: resultalle gratificante a nivel persoal. Hai etapas que de esgotan e hai que deixar sitio a outras persoas. Pensa que xa hai moitos do grupo de Liturxia no Consello.

Bárbara: o Consello abríulle as portas á comunidade. Grazas a él coñece máis a xente. Dubida da súa representación (non sinte o apoio de ningún grupo detrás). Hai moita vida no Consello e lle aporta moitas cousas. Fai a pregunta de cál é a idea de futuro do Consello?

Arturo: Pensa que falla a relación da parroquia co “exterior”:
* Cómo se da a coñecer a parroquia ó resto?
* Hai que coñecer outras realidades (temos moita sensibilización pero pouca acción).
A programación a valora positivamente. Hai que propoñer a cada grupo que teña un representante no Consello.

María: Non representa a ninguén (leva o blog). Síntese a gusto. Bota de menos que non sexa o Consello unha verdadeira representación dos grupos.

Chus: O Consello apórtalle moito. A pesar de haber moitas catequistas no Consello, non sintiu que oubera moita comunicación entre elas. Ten a sensación que debe deixar paso a outras persoas.

Ricardo: A única maneira de coñecer a parroquia e participar. Este ano sentíuse arroupado, apoiado e mui a gusto. Hai que facer grupos de traballo para programar o traballo dos grupos.
A Formación/Evanxelización , Celebración e Caridade son os 3 pilares dunha parroquia.

Tito: non representa a ninguén. Considera mínima a súa aportación ó traballo do Consello xa que non participa activamente na programación do Consello. É unha persoa que está dispoñible máis para axudar que para programar. Pensa que é importante que o Consello sexa unha representación dos distintos grupos da parroquia.

5.- Avaliación fin de curso dende os diferentes grupos:
* Traeránse as avaliacións na próxima reunión do 18/06/09.
* Preparación do borrador da programación para que o novo Consello teña un punto de partida.


Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:45 no lugar e data indicados, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.

Acta do 16 de abril de 2009

No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.15 horas do día 16 de abril de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Donato Dosil, María Alvarez, Esther Olveira, Isabel González, José Manuel Varela, Mª Jesús Castro y Mª Carmen Taboada. Actuando como secretario Ernesto Rives, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:


1.- Oración. Ernesto Rives lé a oración.

2.- Lectura e aprobación da acta do 12 marzo de 2009

3.- Ronda dos grupos:

* Liturxia

Reuníronse hoxe (16/04/09) para facer unha avaliación do curso. Deciden ir a Sobrado dos Monxes ás vísperas, coa idea de invitar ós distintos grupos da parroquia e organizar unha cea á volta en Santiago.

* Revista

Ponse a data límite para a entrega das participacións da próxima edición o 8 de maio.

*Cofradía

Preparouse a asemblea xeral, pero por falta de aistencia convocarase outra para setembro ou outubro.

* Catequístas

Lémbrase a reunión de fin de curso de catequistas o próximo sábado 18 de abril na parroquia dos Tilos.

4.- Celebración da misa de Pascua:
Os xóvenes xa teñen preparada a celebración. Ricardo propuxo a parábola da silla (a presencia de Xesús no medio de nós).

5.- Excursión fin de curso:
Planifícase a viaxe a Lugo o 9 de maio. Coméntase a pouca participación ata agora, tanto dos adultos coma dos nenos. Para motivar plantéxase dar más información na celebración do domingo explicando as alternativas no caso de choiva e de descanso para a xente maior que non poida camiñar moito. Facer chegar á xente que é o que se pretende coa excursión.

6.- Encontro interparroquial de fin de curso do 16 de maio en Fontiñas:
Mª José preparará a organización do evento indicando a cada parroquia o que ten que facer.

7.- Festa de fin de curso do 31 de maio:

* Invitar a tódolos grupos de catequese a preparar actuacións.
* Preparar e motivar: facer unha nota para toda a xente que queira participar.

8.- Festas de San Antonio:
O grupo de Cofradía púxose en contacto coas corais que van a participar no II Encontro.
Elaboraron un borrador das celebracións:
* NOVENA DE SAN ANTONIO: do 4 ó 12 de xuño ás 19:30
* II ENCONTRO DE CORAIS: o 6 de xuño ás 20:15
* RECORDO POLOS COFRADES FALECIDOS: o 12 de xuño ás 19:30
* FESTIVIDADE DE SAN ANTONIO: o 13 de xuño, misa solemne coa participación da coral XÚBILO.
* PROCESIÓN: o domingo 14 de xuño ás 11:30. Sairá dende o ambulatorio, facendo o percorrido de costume.

9.- Decisións tomadas para dar a coñecer o noso blog:
* Eliminar o dominio existente para axilizar a entrada no noso blog.
* Enviar tódolos correos posibles á páxina de entrada coa finalidade de facilitar a búsqueda por Internet.
* Engadir os enderezos do blog e mail da parroquia en tódalas comunicacións.
* Poñer carteis informativos na parroquia.

Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:45 no lugar e data indicados, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.