No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.30 horas do día 28 de maio de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Donato Dosil, María Alvarez, Isabel González, José Manuel Varela, Mª Jesús Castro, Mª Carmen Taboada, Ángeles Lamas, Bárbara Alonso y Arturo Martínez. Actuando como secretario Ernesto Rives, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:
1.- Oración. Mª Carmen Taboada lé a oración.
2.- Letura e aprobación da acta do 16 de abril de 2009
3.- Preparación festival do 31 de maio:
* as mesas xa están colocadas.
* O Concello colocará a megafonía e unha tarima o domingo pola mañá.
* Faltan mercar manteis e vasos.
* Hai que preparar algunhas actividades e organizalas actuacións (Tito queda como responsable desta tarefa).
* Os xóvenes serán o fío conductor do festival.
* O Consello preparará a celebración do domingo, día de Pentecostés (día do apostolado seglar).
4.- Avaliación de fin de curso:
Isabel: ten sentido de pertenza, está agusto, síntese acompañada e privilexiada. Ten a sensación de ocupar un lugar que pertence a outros. Hai que darlle oportunidade a outra xente. Pensa que debe irse.
No Consello debe haber persoas que representen ós grupos existentes na parroquia. Hai que facer grupos de traballo para que todo non recaia no Consello. Non debe haber unha comunidade acomodada onde traballen 3 e o resto descanse. Faltan promotores de grupos.
Donato: valora con entusiasmo a dedicación das persoas do Consello. Pensa que hai que dar a coñecer á parroquia esta dedicación para testimoniar. Pregunta qué se pode facer para que a Revista sexa máis acollida. Cré que hai que buscar outras vías de comunicación. A multiplicación das actividades crea un problema de dispersión. Hai que priorizar 3 ou 4 obxetivos fundamentais e planificar de cara a éstos. Hai que preguntarse si os pasos dados podrían millorarse. Coidar máis o seguimento das actividades proxectadas (acompañar máis o que propoñemos). Preguntarse porqué os resultados son moitas veces positivos e outras non.
Ángeles: resultalle gratificante a nivel persoal. Hai etapas que de esgotan e hai que deixar sitio a outras persoas. Pensa que xa hai moitos do grupo de Liturxia no Consello.
Bárbara: o Consello abríulle as portas á comunidade. Grazas a él coñece máis a xente. Dubida da súa representación (non sinte o apoio de ningún grupo detrás). Hai moita vida no Consello e lle aporta moitas cousas. Fai a pregunta de cál é a idea de futuro do Consello?
Arturo: Pensa que falla a relación da parroquia co “exterior”:
* Cómo se da a coñecer a parroquia ó resto?
* Hai que coñecer outras realidades (temos moita sensibilización pero pouca acción).
A programación a valora positivamente. Hai que propoñer a cada grupo que teña un representante no Consello.
María: Non representa a ninguén (leva o blog). Síntese a gusto. Bota de menos que non sexa o Consello unha verdadeira representación dos grupos.
Chus: O Consello apórtalle moito. A pesar de haber moitas catequistas no Consello, non sintiu que oubera moita comunicación entre elas. Ten a sensación que debe deixar paso a outras persoas.
Ricardo: A única maneira de coñecer a parroquia e participar. Este ano sentíuse arroupado, apoiado e mui a gusto. Hai que facer grupos de traballo para programar o traballo dos grupos.
A Formación/Evanxelización , Celebración e Caridade son os 3 pilares dunha parroquia.
Tito: non representa a ninguén. Considera mínima a súa aportación ó traballo do Consello xa que non participa activamente na programación do Consello. É unha persoa que está dispoñible máis para axudar que para programar. Pensa que é importante que o Consello sexa unha representación dos distintos grupos da parroquia.
5.- Avaliación fin de curso dende os diferentes grupos:
* Traeránse as avaliacións na próxima reunión do 18/06/09.
* Preparación do borrador da programación para que o novo Consello teña un punto de partida.
Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:45 no lugar e data indicados, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.