No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.15 horas do día 16 de abril de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Donato Dosil, María Alvarez, Esther Olveira, Isabel González, José Manuel Varela, Mª Jesús Castro y Mª Carmen Taboada. Actuando como secretario Ernesto Rives, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:
1.- Oración. Ernesto Rives lé a oración.
2.- Lectura e aprobación da acta do 12 marzo de 2009
3.- Ronda dos grupos:
* Liturxia
Reuníronse hoxe (16/04/09) para facer unha avaliación do curso. Deciden ir a Sobrado dos Monxes ás vísperas, coa idea de invitar ós distintos grupos da parroquia e organizar unha cea á volta en Santiago.
* Revista
Ponse a data límite para a entrega das participacións da próxima edición o 8 de maio.
*Cofradía
Preparouse a asemblea xeral, pero por falta de aistencia convocarase outra para setembro ou outubro.
* Catequístas
Lémbrase a reunión de fin de curso de catequistas o próximo sábado 18 de abril na parroquia dos Tilos.
4.- Celebración da misa de Pascua:
Os xóvenes xa teñen preparada a celebración. Ricardo propuxo a parábola da silla (a presencia de Xesús no medio de nós).
5.- Excursión fin de curso:
Planifícase a viaxe a Lugo o 9 de maio. Coméntase a pouca participación ata agora, tanto dos adultos coma dos nenos. Para motivar plantéxase dar más información na celebración do domingo explicando as alternativas no caso de choiva e de descanso para a xente maior que non poida camiñar moito. Facer chegar á xente que é o que se pretende coa excursión.
6.- Encontro interparroquial de fin de curso do 16 de maio en Fontiñas:
Mª José preparará a organización do evento indicando a cada parroquia o que ten que facer.
7.- Festa de fin de curso do 31 de maio:
* Invitar a tódolos grupos de catequese a preparar actuacións.
* Preparar e motivar: facer unha nota para toda a xente que queira participar.
8.- Festas de San Antonio:
O grupo de Cofradía púxose en contacto coas corais que van a participar no II Encontro.
Elaboraron un borrador das celebracións:
* NOVENA DE SAN ANTONIO: do 4 ó 12 de xuño ás 19:30
* II ENCONTRO DE CORAIS: o 6 de xuño ás 20:15
* RECORDO POLOS COFRADES FALECIDOS: o 12 de xuño ás 19:30
* FESTIVIDADE DE SAN ANTONIO: o 13 de xuño, misa solemne coa participación da coral XÚBILO.
* PROCESIÓN: o domingo 14 de xuño ás 11:30. Sairá dende o ambulatorio, facendo o percorrido de costume.
9.- Decisións tomadas para dar a coñecer o noso blog:
* Eliminar o dominio existente para axilizar a entrada no noso blog.
* Enviar tódolos correos posibles á páxina de entrada coa finalidade de facilitar a búsqueda por Internet.
* Engadir os enderezos do blog e mail da parroquia en tódalas comunicacións.
* Poñer carteis informativos na parroquia.
Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:45 no lugar e data indicados, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.