Acta do 10 e 17 de setembro de 2009

No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.30 horas dos días 10 e 17 de setembro de 2009, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Donato Dosil, María Alvarez, Mª Carmen Taboada, Bárbara Alonso, Mª Xosé, Ángel González, Esther Olveira, Ángeles Lamas, Arturo Martinez, María Asorey e Mercedes Rodríguez. Actuando como secretario Ernesto Rives, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:

1. Oración. Tito lé a oración o día 10 e Ricardo o día 17.

2. Lectura e aprobación da acta do 25 de xuño de 2009

3.- Posta en común da programación do vindeiro curso.


LITURXIA:

Organizan tres días específicos de formación para o grupo, aberto a toda a parroquia.

* 14 outubro, ás 20h15, baixo o lema “Cumplidores – Celebrantes”.
* 20 xaneiro, ás 20h15, co lema “Mesa da palabra – Mesa da eucaristía”.
* 14 abril, ás 20h15, “Eucaristía e parroquia”.

O 20 de febreiro haberá o encontro de Coresma.

As celebracións do perdón xa teñen datas:

* 18 decembro: perdón de adultos, ás 20h15.
* 20 decembro: perdón de nenos (post comuñón) , ás 11h00.
* 21 marzo: perdón de nenos (post comuñón), ás 11h00.
* 26 marzo: perdón de adultos, ás 20h15.

O sábado 19 de setembro o Coro terá unha comida compartida, ás 14h00, aberta a todos, para programar o curso.

CATEQUESE:

O 14 de setembro comeza o prazo para a inscrición da matrícula.

O 16 de setembro celébrase o encontro de catequistas cos seguintes puntos a tratar:

* Elaboración do itinerario a seguir para os distintos niveis.
* Elaboración do calendario de reunións de catequistas.
* Elaboración do calendario do curso 2009/2010.
* Programación de reunións coas familias.
* Formación de catequistas.
A celebración do perdón para os nenos de 3º que fan a comuñón será o 22 de maio.

BLOG:

Acórdase a estrutura de presentación dos grupos da parroquia no blog:

PRESENTACIÓN, CALENDARIO, ABEIRO, CÁRITAS, CATEQUESE, COFRADÍA, CONSELLO, CORO, ECONOMÍA, GRUPO MAIORES, GRUPO MULLERES, FORMACIÓN DE ADULTOS, INTERPARROQUIAL, LITURXIA E CELEBRACIÓNS, REVISTA, XUVENTUDE, NOTICIAS.

LECER E CULTURA:

a) Celebración do Magosto o 7 de novembro

b) Celebrarase o Nadal o 13 decembro cunha única eucaristía, un festival e o xantar coma tódolos anos.

c) Camiño de Santiago, están fixadas tódalas etapas:

* 1ª.- Cebreiro-Triacastela (27 febreiro)
* 2ª.- Triacastela-Sarria (13 marzo)
* 3ª.- Sarria-Portomarín (27 marzo)
* 4ª.- Portomarín-Palas de Rei (10 abril)
* 5ª.- Palas de Rei- Arins (24 abril)
* 6ª.- Arins-Labacolla (22 maio)
* 7ª.- Labacolla-Fontiñas (30 maio)

d) Excursión de fin de curso o 8 de maio.

e) Festa de fin de curso o 30 de maio.

GRUPO DE MAIORES:

a) Festa dos maiores:

* Sábado 10 outubro, ás 17h00
* Sábado 7 novembro, ás 17h00
* Sábado 12 decembro, ás 17h00

b) Ximnasia de mantemento: actividade programada ata decembro, comezará o 19 outubro, ás 17h30 e farase unha vez por semana.

c) Manualidades: actividade que se celebrará tódolos mércores e comezará o 4 de novembro.

RESTO DE OFERTAS PARA A PARROQUIA:

Grupo de baile: os sábados, pendente de concretar.

XUVENTUDE:


Estase a crear un grupo de música cuio coordinador é Arturo Martínez.

4. Preparación do día do envío.


Mª Carmen Taboada e Mª Xosé Silva, como coordinadoras do grupo de Liturxia e Catequese organizarán a preparación da celebración baixo o lema de ESCOITAR, SERVIR, COMPARTIR, tratando de integrar o sentido da Eucaristía e pensando no camiño (como facemos o camiño?)


Non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:45, aprazándonos para o vindeiro xoves día 15 de outubro, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.