No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.45 horas do día 21 de xaneiro de 2010, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello:, Leo Alonso, José M. Varela, María Álvarez, Bárbara Alonso, Andrés Varela e Mercedes Vázquez. Actuando como secretario, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:
1. ORACIÓN. Ricardo lé a oración.
2. LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA DO DÍA 21/01/10
Apróbase a acta por unanimidade dos presentes.
3.- RONDA DOS GRUPOS.
ENFERMOS:
* Houbo unha reunión coas asistentas sociais do Concello e do Centro de Saúde.
* Celebrarase unha reunión o 23/02, ás 18:30, para analizar a disponibilidade da xente voluntaria.
ECONOMÍA:
En relación ó albergue, non saben como xustificar os cartos que emplearán.
LECER E CULTURA:
* Camiño de Santiago:
* Actualmente hai 94 inscritos para o camiño.
* Farase unha pequena celebración antes de iniciar a marcha.
FORMACIÓN ADULTOS:
* O 11/02 celebrouse a segunda xuntanza de PAIS, EDUCACIÓN EN VALORES baixo o lema “ TESTEMUÑAS-COHERENCIA-MODELOS”.
* A terceira xuntanza será o día 11/03 co lema “ESFORZO”.
COFRADÍA:
* A Asemblea xeral celebrarase o 16 de marzo.
* O día 11 de febreiro tiveron unha reunión preparatoria.
* Entre o 20 de febreiro e o 14 de marzo iniciarase o cobro dos recibos.
CÁRITAS:
* Campaña de Nadal:
* Houbo bastantes doacións.
* O recadado repartiuse entre 15 – 17 familias.
* Estase a traballar na concienciación da xente para a súa integración social.
4.- PREPARACIÓN SEMANA SANTA.
* Proponse que o pregón pascual sexa cantado.
* O grupo de Liturxia preparará as celebracións.
* Celebrarase unha reunión para estructurar as participacións.
5.- RONDA DE PROPOSTAS OU PREGUNTAS.
Non habendo máis propostas ou preguntas e non tratándose máis asuntos, Ricardo da por finalizada a sesión ás 21:10, levantando a presente acta que eu coma secretaria certifico.