No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.30 horas do día 18 de marzo de 2010, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Leo Alonso, José M. Varela, Andrés Varela, Ángel González, Fátima Neiro, Miriam Villaverde e Mª Carmen Taboada. Actuando como secretario, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:
1. ORACIÓN. Andrés lé a oración.
2. LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA DO DÍA 18/02/10
Apróbase a acta por unanimidade dos presentes.
3.- RONDA DOS GRUPOS.
LITURXIA:
* O 14 de abril, ás 20:15, celebrarase unha xuntanza de formación “EUCARISTÍA E PARROQUIA”.
COFRADÍA:
* O 16 de marzo celebrouse a Asemblea Xeral. Só asistiron dúas persoas.
* Segue a mesma xunta direitiva.
CÁRITAS:
* Fíxose un taller entre Atención primaria e Aveiro dedicado ós pais o cal asistiron cinco nais.
* O vindeiro taller farase o 25 de maio.
* Para o próximo curso plantexanse temas de cociña .
* Está pendente organizalo almacén de atención primaria.
CATEQUESE:
* Faise fincapé que hai reunións por grupos pero falta unha reunión conxunta.
BANCO DO TEMPO:
* Hai que sondear nos distintos grupos para coñecer a xente interesada.
VOLUNTARIADO ATENCIÓN PERSOAS ENFERMAS:
* Farase un tríptico informando ós enfermos a disposición existente dende a parroquia.
* Xa hai cinco persoas.
CAMIÑO DE SANTIAGO:
* Malia a boa asistencia fálase de unha certa desorganización durante a etapa.
ECONOMÍA:
* Chegouse a un acordo sobre o albergue. A Xunta dará o diñeiro para arreglalo local e maila obra en forma de L que se fai a maiores.
* Urxe facer o convenio entre Parroquia / Diócese e a Asociación Amigos de Santiago
4.- SEMANA SANTA.
DOMINGO DE RAMOS (organiza o grupo de Liturxia).
* Bendición dos ramos ás 11:30.
XOVES SANTO (pendente de grupo que organice)
* Cea do Señor ás 18h.
* Hora Santa ás 19h15.
VENRES SANTO (pendente de grupo que organice)
* Vía Crucis ás 11h.
* Celebración da Pasión ás 18h.
SÁBADO SANTO (organiza grupo de xóvenes)
* Vixilia Pascual ás 22h.
6.- RONDA DE PROPOSTAS OU PREGUNTAS.
Non habendo máis propostas ou preguntas e non tratándose máis asuntos, Ricardo da por finalizada a sesión ás 21:40, levantando a presente acta que eu coma secretario certifico.