Acta do 21 de xaneiro de 2010

No complexo parroquial de San Antonio de Padua en Fontiñas, en Santiago de Compostela, sendo as 20.45 horas do día 21 de xaneiro de 2010, reúnense baixo a presidencia de Ricardo Viqueira (párroco), os membros do Consello: Ángel González, Loli Rodríguez, Leo Alonso, José M. Varela, María Álvarez, Mª Carmen Taboada, Fátima Neiro, Miriam Villaverde e Xesús Vilas. Actuando como secretaria, quen redacta a presente acta dos asuntos tratados:

1. ORACIÓN. Tito lé a oración.

2. LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA DO DÍA 19/11/09
Apróbase a acta por unanimidade dos presentes.

3.- RONDA DOS GRUPOS.
Ricardo fai fincapé que na campaña de Nadal tamén participou o colexio “María Inmaculada” de La Salle.

LITURXIA:* O 20/01 tiveron o encontro MESA DA PALABRA / MESA DA EUCARISTÍA con pouca participación.
* 10/02 haberá unha reunión preparativa do encontro de Coresma do día 20/02 que terá ás 14:00h unha comida compartida e a partires das 16:30 o encontro de reflexión.

COFRADÍA:Estase pendente de reunirse para preparar a celebración da asemblea xeral.

ECONOMÍA:Infórmase dos ingresos e gastos do 2009 (ver anexo adxunto).
Debido ó alto presuposto da obra, a Xunta de Galicia faise cargo do albergue.

MAIORES:
Retomanse as actividades:
* o luns 25/01 iniciará a ximnasia.
* Próximamente reiniciarase Manualidades.
* Proponse que Miriam (coordinadora do Coro) axude para renovar o repertorio de cancións para ensaiar.
* Segue a actividade da recuperación da memoria.

CATEQUESE:Propoñen que os nenos fagan o último tramo xunto co grupo do Camiño de Santiago.


4. INFORMACIÓN DAS COMISIÓNS DE TRABALLO

LECER E CULTURA:
* 19/01 houbo xuntanza para deixar ultimadas as etapas e loxística para facer o camiño. Manterase o mesmo tipo organizativo da anterior experiencia.
* O último tramo faise coincidir coa festa de fin de curso do 30 de maio, que terá formato de romería.

CORO:

Leo propón organizar conxuntamente co grupo de liturxia a preparación da Semana Santa.

ENFERMOS:
Hai voluntarias pero faltan enfermos. Cómo acceder ás persoas enfermas?

FORMACIÓN ADULTOS:
* 11/02 celebrarase a segunda xuntanza de PAIS, EDUCACIÓN EN VALORES.
* Farase unha nota recordatoria deste encontro.

6.- RONDA DE PROPOSTAS OU PREGUNTAS.

Non habendo máis propostas ou preguntas fóra da ronda dos grupos e non tratándose máis asuntos, Ricardo levanta a sesión ás 21:30, levantando a presente acta que eu coma secretaria certifico.